Blogia
40remedios

ACTOS

AGRADECEMENTOS

Queremos agradecerlle a Floristería La Primavera e a Charcos (Moda infantil) a súa colaboración desinteresada co acto do 18 de decembro, cedéndonos prantas e a roupa dos uniformes do coro do colexio, respectivamente.

PROGRAMA DO ACTO DO 40º ANIVERSARIO

CONTINUAMOS COA PREPARACIÓN DO 40º ANIVERSARIO

Cando xa queda pouco para o día do Acto final de conmemoración do 40º aniversario do colexio, estamos xa dando os últimos retoques ao mesmo, coa ilusión de todo saia ben e que resulte do agrado dos asistentes.

O vindeiro 18 de decembro, a partires das 20.30 horas, faremos o acto na Sala de festas - Restaurante "El Otro Mundo del Tea" de Ponteareas. Inicialmente tiñamos previsto facelo no Castelo do Sobroso, pero diante do alto número de confirmacións de asistencia ao mesmo, o local do Castelo queda pequeno, polo que trasladamos o acto ao lugar onde despois teremos a cea, para a que tamén temos un importante número de anotados/as.

MIGALLAS TEATRO NO COLEXIO

Este xoves 10 de decembro o grupo Migallas Teatro fixo dous pases do seu espectáculo pedagóxico musical Ven cantar connosco.

Todo o alumnado do colexio asistiu a este espectáculo, pasándoo moi ben durante o mesmo.

Este acto era o acto central para o alumnado que se organiza no noso colexio co gallo do 40º aniversario.

ACTO DE CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO

O vindeiro día 18 de decembro de 2009 conmemoraremos cun acto no Restaurante- Sala de festas "El otro Mundo del Tea" de Ponetareas 40º aniversario do C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios. O acto comezará ás 20.30 horas.

Si foches mestre/a ou alumno/a do colexio e queres asistir a este acto, debes confirmar a asistencia no colexio.