Blogia
40remedios

CONTINUAMOS COA PREPARACIÓN DO 40º ANIVERSARIO

Cando xa queda pouco para o día do Acto final de conmemoración do 40º aniversario do colexio, estamos xa dando os últimos retoques ao mesmo, coa ilusión de todo saia ben e que resulte do agrado dos asistentes.

O vindeiro 18 de decembro, a partires das 20.30 horas, faremos o acto na Sala de festas - Restaurante "El Otro Mundo del Tea" de Ponteareas. Inicialmente tiñamos previsto facelo no Castelo do Sobroso, pero diante do alto número de confirmacións de asistencia ao mesmo, o local do Castelo queda pequeno, polo que trasladamos o acto ao lugar onde despois teremos a cea, para a que tamén temos un importante número de anotados/as.

0 comentarios