Blogia

40remedios

CONTINUAMOS COA ANDAINA NESTA BITÁCORA

A partires deste intre imos escribir neste blogue anécdotas e outras cousas dos 40 anos do noso colexio (agora xa son 41).

Animamos a exalumnos/as e exmestres/as do colexio para que nos envíen as súas anécdotas.

O 40º ANIVERSARIO NA PRENSA

No Faro de Vigo e no Atlántico apareceu información sobre o acto do 40º aniversario do CEIP Nosa Señora dos Remedios, celebrado o pasado 18 de decembro en Ponteareas.

AGRADECEMENTOS

Queremos agradecerlle a Floristería La Primavera e a Charcos (Moda infantil) a súa colaboración desinteresada co acto do 18 de decembro, cedéndonos prantas e a roupa dos uniformes do coro do colexio, respectivamente.

PROGRAMA DO ACTO DO 40º ANIVERSARIO

CONTA ALGO SOBRE A TÚA ESTADÍA NO COLEXIO

Si foches alumno/a ou mestre/a do C.E.I.P. Nosa Señiora dos Remedios, escribe algunha anécdota que tiveras no mesmo ou simplemente un saúdo polo 40º aniversario do mesmo.

Podes facelo escribindo un comentario a este artigo.

CONTINUAMOS COA PREPARACIÓN DO 40º ANIVERSARIO

Cando xa queda pouco para o día do Acto final de conmemoración do 40º aniversario do colexio, estamos xa dando os últimos retoques ao mesmo, coa ilusión de todo saia ben e que resulte do agrado dos asistentes.

O vindeiro 18 de decembro, a partires das 20.30 horas, faremos o acto na Sala de festas - Restaurante "El Otro Mundo del Tea" de Ponteareas. Inicialmente tiñamos previsto facelo no Castelo do Sobroso, pero diante do alto número de confirmacións de asistencia ao mesmo, o local do Castelo queda pequeno, polo que trasladamos o acto ao lugar onde despois teremos a cea, para a que tamén temos un importante número de anotados/as.

MIGALLAS TEATRO NO COLEXIO

Este xoves 10 de decembro o grupo Migallas Teatro fixo dous pases do seu espectáculo pedagóxico musical Ven cantar connosco.

Todo o alumnado do colexio asistiu a este espectáculo, pasándoo moi ben durante o mesmo.

Este acto era o acto central para o alumnado que se organiza no noso colexio co gallo do 40º aniversario.

O CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS CUMPRE 40 ANOS

Escribe o teu comentario polo 40º aniversario do C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios (antigo Colexio Nº 1 de Ponteareas)

O ANTIGO CORO VISTO POLO ALUMNADO ACTUAL

ACTO DE CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO

O vindeiro día 18 de decembro de 2009 conmemoraremos cun acto no Restaurante- Sala de festas "El otro Mundo del Tea" de Ponetareas 40º aniversario do C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios. O acto comezará ás 20.30 horas.

Si foches mestre/a ou alumno/a do colexio e queres asistir a este acto, debes confirmar a asistencia no colexio.

 

40 ANIVERSARIO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

¡Ola!

Abrimos este blog co gallo dos 40 anos que cumpre o CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas para que vaian aparecendo nel as diferentes novas respecto da celebración destes 40 anos.